Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Slow Fish de Canadá e Alemania interésanse pola Costa da Morte

Slow Fish de Canadá e Alemania interésanse pola Costa da Morte
Slow Fish Canada aposta pola Costa da Morte

Dous pescadores de Canadá, o responsable dunha fundación de Alemania e a responsable de Slow Fish Internacional, visitarán o vindeiro sábado a zona de Costa da Morte, co fin de interesarse por varios aspectos da zona que coincidan coa filosofía Slow Food. Unha filosofía mundial, esta “comida lenta”, que espallaba as súas raíces en Galicia a través da nosa bisbarra.

A delegación chegará a primeira hora da mañá ao establecemento de turismo rural Casa de Trillo, de Muxía, tamén vencellado a este movemento internacional. Seguidamente farán a ruta pola costa desde a praia de Nemiña, pasando por Cabo Touriñán, co faro máis occidental da España peninsular, ata o santuario da Barca. Nesta localidade participarán nunha visita guiada ao secadero artesanal de congrio, unha actividade coa que colabora o Concello.

Ao mediodía degustarán un menú do Outono Gastronómico de Vimianzo, onde manterán un encontro co alcalde da localidade, Manuel Antelo, quen lle dará a coñecer, entre outras iniciativas, o proxecto local baseado na arqueogastronomía. Concluirán a xornada cunha visita ao castelo de Vimianzo, onde coñecerán, de primeira man, as artesanías da comarca.

Previamente, a delegación internacional terá unha apertada axenda, visitando unha conservera artesanal da Illa de Arousa, á vez que serán recibidos polo secretario xeral do Mar, Juan Maneiro. Terán tempo tamén para visitar o mercado coruñés da Praza de Lugo, reunirse co responsable da Fundación Lonxanet, verse en Muros con mariñeiros artesanales da zona, así como coa presidenta de AGAMAR.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Slow Food Galicia.

Comentarios