mércores. 30.04.2025
El tiempo

#7marabillas: O Faro Fisterra

#7marabillas: O Faro Fisterra
Edificio-do-Faro-Finisterre

Despois da opinión autorizada de Lema Suárez, seguimos percorrendo a bisbarra e descubrindo os 7 edificios máis importantes da Costa escollidos polos siareiros da Estación de Servizo Bazarra nas redes sociais.

Desta volta, toca ir á fin da terra, non para descubrir nada novo, pero para lembrar un dos puntos máis visitados, non só da Costa da Morte, se non de toda Galicia. O Concello considérao o Faro máis occidental de Europa, sen ter en conta Touriñán ou o Cabo da Roca.

O Faro foi obra do enxeñeiro Félix Uhagón, e son tres os edificios que forman o conxunto. A sirena, coñecido como A Vaca de Fisterra (por ese impresionante son que facía en momentos de néboa para guiar aos barcos cun alcance de 25 millas, 46 km.

Iso si, non podemos falar do Faro Fisterra sen lamentar a mala xestión do punto de información turística máis importante da zona. Neria e Concello de Fisterra levan anos sen explotar este punto, sen coller datos válidos de visitantes, sen informar ben aos turistas… I é que un punto de información sen mapas, sen internet nin teléfono, non é un bo punto de información, e provoca que os visitantes cheguen, toquen e marchen de volta a Coruña ou Santiago, sen saber que aló en fronte está algo que se chama Monte Pindo e Fervenza do Ézaro, que está o Santuario da Barca, que hai uns restaurantes e hoteis estupendos pola zona…
Unha verdadeira mágoa desaproveitar turisticamente o tirón dun punto tan simbólico coma este.

Pero a verdade, que fermoso lugar:

Máis información

Comentarios