A actividade física mantén máis vivos ca nunca a 50 maiores de Malpica
08:15 16/10/15
O concelleiro Iago Espasandín acudiu á presentación dos cursos de ximnasia terapéutica de Malpica
Máis de cincuenta persoas, na maioría mulleres, participan nas actividades deportivas para adultos organizadas polo Concello de Malpica para este curso. A Casa do Oleiro está chea de vida nas tardes do inverno, máis que nunca tendo en conta que as aulas postas en marcha son as de ximnasia terapéutica e zumba. Un xeito, sen dúbida, de facer actividade física, para manter unha vida sa.
Esta semana tamén comezou o curso de zumba, que constará de dúas sesións semanais (martes e xoves, a partir das 15.15 horas) no Centro Cívico de Malpica. Nesta actividade hai 24 persoas inscritas, todas elas mulleres.