A crema do autocross galego fixo vibrar o Circuito de Bértoa


Vibrou o Circuito de Bértoa co V Autocross Carballo, nunha proba válida para o Campionato Galego. Cunha participación lixeiramente inferior ao habitual, debido á "folga de protesta" polos custes, e que deixou a varios pilotos na casa, Bergantiños recibía un plantel de luxo, coas grandes estrelas do autocross galego e mesmo nacional. Perfecto Calviño, Diego Mantiñán, Santiago Ares, Sandra García, Tito Rodríguez, Maikel Vilariño, Iván Ares, Darío calviño, Joaquín Chamorro, Tino Iglesias ou Alberto Varela dan conta do nivel da proba. Varios campións galegos e de España, e non só de autocross senón tamén de rallyes de asfalto como Iván Ares, achegáronse ata a Costa da Morte.



Ademais dese primeiro nivel dos participantes, e da boa acollida de público, como nota significativa hai que destacar o regreso de Tito Rodríguez en 4x4 e a participación dun todoterreo polares Rzr 1000 ao lado de turismos tamén en categoría supercross kart 4x4.
Houbo moitos momentos emocionantes, con carreiras tremendamente igualadas, saídas, e mesmo incendios, que obrigaron aos medios de seguridade a facer aparición. Foi na final de +1600, cando na 5ª volta houbo que levantar bandeira vermella debido ao incendio do coche de Mario Ríos, que ía líder e que finalmente foi campión.

En canto aos resultados, Iván Ares arrasou en Car-Cross, por diante de Kin Chamorro, Maikel Vilariño, Álex Vigo e Darío Calviño.
En -1600, Dani Castro foi quen de aguantar os envites de Tino Iglesias.
En +1600, tras varios roces nas semis, vencía Mario Ríos coa bandeira vermella xa contada.
E en Supercross-car, Perfecto Calviño non deu opcións.





Novas relacionadas
- Iván Corral: “Estamos traballando nun Rally da Costa da Morte”.
- Marzo 2015: Santa Comba vibrou co Autocross no Circuto de Marlán.
Fonte
- Redacción de QPCMotor (info@quepasanacosta.com).
- Fotos e informaciónde José María Suárez.