Martes. 07.05.2024
El tiempo

A Cruz Vermella de Vimianzo repartiu este Nadal máis de 2500 quilos de alimentos

A Cruz Vermella de Vimianzo repartiu este Nadal máis de 2500 quilos de alimentos
Que importante é toda a labor que están a facer entidades como a Cruz Vermella de Vimianzo. Por iso é hora de facer un balance das actividades que levou a cabo na pasada campaña de Nadal nas que se recadaron máis de 2500 quilos de alimentos, xoguetes e material deportivo que se repartiron entre as familias máis necesitadas da zona. E comezamos co repaso das actividades que levaron a cabo durante estas datas: - Día do Voluntariado: Os alumnos do IES Terra de Soneira elaboraron pulseira conmemorando o día do Voluntariado. Co importe recaudado, 50 euros, mercarónse pañais e toallitas para bebés. - Gala Solidaria: A Universidade Popular de Corcubión levou a cabo unha gala solidaria na que se recadaron 513 euros destinados ao Proxectos Merendas Solidarias de Cruz Roja Juventud. - Cea solidaria en Bamiro: aquí conseguironse 1300 kilos de alimentos. O acto estivo organizado polo veciño Alejandro Blanco. - Gala solidaria: celebrada en Vimianzo, recaudáronse 6512 euros e máis de 110o quilos de alimentos que se repartiron entre Cáritas e a Cruz Vermella. - Residencia Geriatros: as familias dos residentes doaron alimentos e xoguetes que se encargaron de entregar os propios usuarios da residencia. - Xoguetes: A Asociación Pedras Miúdas de Lires aportou unha grande xoguetes co fin de colaborar cos Reis Magos. - Partido solidario: celebrado en Santa Comba e no que colaboraron Ferroatlántica, o concello xalleiro e o diario dixital Que Pasa na Costa e no que se conseguiron fondos para material deportivo que se repartirá nos vindeiros días entre os nenos e nenas máis necesitados dos concellos de Santa Comba e Vimianzo.

Comentarios