![O pleno de Deputacion comezou cun minuto de silencio polo atentado de onte no aeroporto de Estambul]()
O pleno de Deputación comezou cun minuto de silencio polo atentado de onte no aeroporto de Estambul
A supresión da peaxe da AG-55 foi un dos principais puntos tratados no apartado de mocións do pleno da Deputación da Coruña celebrado esta mañá onde
tamén lle deron luz verde a varios investimentos para a Costa da Morte. Finalmente aprobouse unha moción impulsada polos grupos provinciais do PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Alternativa dos Veciños e Compostela Aberta pedindo a supresión da peaxe na AG-55, que contou
co único voto en contra do Partido Popular.
Non saíu adiante outra moción impulsada polo PP e apoiada por Alternativa dos Veciños na que pedía a creación dunha mesa interadministrativa coa participación da Deputación e concellos para eliminar a peaxe de Pastoriza. O portavoz do Partido Popular neste punto foi o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, que sostivo que a moción suscrita polos restantes grupos políticos representados na Corporación “perxudica” ao concello arteixán e pediu “separar dous temas distintos”, xa que mentres Arteixo demanda que non se realice o novo enlace co porto exterior, que costaría 40 millóns de euros, e se destinen parte deses fondos a rescatar a peaxe, o que custaría uns 22 millóns, dos que o concello achegaría 12; a supresión total de peaxes en toda a AG-55 suporía máis de 120 millóns de euros.
Pola súa banda, os portavoces de PSOE e BNG, Julio Sacristán e Xosé Regueira, defenderon demandar á Xunta de Galicia a “eliminación total” da peaxe da AG-55, que afecta, ademais de Arteixo, a moitos outros concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Costa da Morte. En similares términos se pronunciou
o portavoz do BNG, Xosé Regueira, que lembrou que a AG-55 “fíxose con cartos públicos porque ía ser sen peaxe” e “foi o PP o que instaurou a peaxe e o que ampliou a concesión”, que perxudica a moitos veciños de Bergantiños ou Costa da Morte que se desprazan a diario a traballar á area coruñesa.
A supresión da peaxe da AG-55 foi solicitada en numerosas ocasións por distintos colectivos. Unha das últimas foi unha
mobilización de vehículos en sinal de protesta por cobrar igualmente a peaxe a pesar de estar un ano e medio en obras.
Última fase do PAS
![Unha das obras do PAS e a mellora da estrada que une Tines e Treos, no concello de Vimianzo]()
Unha das obras do PAS é a mellora da estrada que une Tines e Treos, no concello de Vimianzo
Por otra parte, o pleno da Deputación da Coruña aprobou tamén a cuarta e última fase do Plan de Acción Social - PAS -, cun investimento de 16,5 millóns de euros que se destinarán ao financiamento de 184 obras en 43 concellos da provincia coruñesa. No que se refire á
Costa da Morte, o organismo provincial destinará máis de tres millóns de euros repartidos entre os seguintes concellos.
- Cabana de Bergantiños: 322.891,93€
- Acceso e equipamento do entorno da escola infantil de Cabana
- Mellora do local social de Anos
- Carpintería exterior do edificio de usos múltiples de Neaño
- Mellora da contorna do local social de Nantón
- Pavimento en Buzaco, Esqueiro, As Grelas, Esto-Reiro
- Pavimento en Vilaseco-Borneiro, Devesa-Esmorís
- Accesibilidade Pazo da Cultura de Carballo
- Céspede artificial e equipamento no estadio municipal As Eiroas
- Accesibilidade no barrio das Flores
- Eliminación das barreiras arquitéctonicas na rúa Xúpiter
- Rehabilitación parque infantil en Mar de Lira
- Conservación das instalacións deportivas en Carnota
- Conservación da área de ocio de Louredo
- Saneamento e pluviais en Caldebarcos
- Saneamento e pluviais en Sestelos
- Pavemento patio e pista deportiva exterior do CPI Alcalde X. Pichel
- Mellora dos patios e zonas lúdicas CEIPS A Braña
- Sendas peonís na parroquia de Erbecedo, Oca
- Lámparas e luminarias LED en Coristanco
- Acondicionamento da escola unitaria para creación PAI en Laxe
- Ampliación dos aparcadoiros no cemiterios de San Simón
- Mellora da pista acceso ao cemiterio municipal de Laxe
- Humanización da contorna da praza do Recheo
- Protección conxunto Muiños Rego das Bouzas
- Posta en valor do núcleo de Cores-Ponteceso
- Ampliación das áreas e parques infantís de Bamiro
- Acondicionamento do parque e do aparcadoiro en Cereixo
- Rehabilitación do centro social-escola unitaria Carantoña
- Arranxo do pavillón deportivo Vimianzo e cuberta do anexo
- Mellora no sistemade saneamento no concello de Vimianzo
- Mellora do firme daestrada municipal entre Tines e Quintáns (Treos)
- Parque infantil de Muíño
- Acondicionamento da área recreativa de Meanos
- Rehabilitación das escolas unitarias Romelle, Zas e Muíño
- Rehabilitación das escolas unitarias San Cremenzo e Carreira
- Reforma do auditorio de Zas e do local social Baio
- Estacionamento do centro social e do pavillón municipal de Baio
- MCR estrada de Fonte Espiño a As Bellas
- MCR estrada Baizana-Treos, acceso a Andragalla
A última fase do PAS, que foi o primeiro dos plans impulsados polo actual executivo provincial e vai destinado a colaborar cos municipios no financiamento de investimentos financieiramente sostibles que teñan, na súa maior parte, un carácter social relevante.
Coa aprobación desta última fase, o PAS completa investimentos por importe de 33 millóns de euros nos 93 concellos coruñeses, que van supor a realización de 389 obras en toda a provincia da Coruña. Reformas en centros sociais e veciñais, melloras en camiños e viais municipais, supresión de barreiras arquitectónicas, construción de parques infantís e biosaludables, ou obras nas redes de saneamento e abastecemento de auga son algunhas das actuacións que os concellos da provincia decidiron financiar a través deste Plan, xa que son os propios concellos os que deciden o destino do investimento provincial, en función da asignación que lles correponde (o criterio de distribución é o que mesmo que se ven usando dende os anos 80 para o POS) e das súas necesidades e prioridades.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Deputación da Coruña