sábado. 03.05.2025
El tiempo

A familia do desaparecido de Carnota denuncia a falta de medios humanos para rastrexar o monte

A familia do desaparecido de Carnota denuncia a falta de medios humanos para rastrexar o monte
Un helicóptero sobrevoou os montes de Carnota na procura de Lino da Corbeira Un helicóptero sobrevoou os montes de Carnota na procura de Lino da Corbeira Estremecedor é o testimonio de Alba Fiuza, a filla do veciño de Carnota desaparecido o pasado venres cando se dirixía ao lugar de Ventín. "Levamos cinco días buscándoo e non atopamos ningunha pista. Hai moitos medios técnicos pero rastrexando o monte tan só están equipos de voluntarios e voluntarias formados por veciños, familia, amigos, persoal disposto polo concello de Carnota, os GES de Muros e membros de Protección Civil de toda a comarca que están sendo coordinados por un voluntario. Falta xente con uniformes rastrexando o monte", asegura a filla do desaparecido. Lino Fiuza levaba varios anos cun tratamento ainda que segundo relata a súa filla "da cabeza estaba ben, era unha persoa que razoaba perfectamete". A hipótese que manexa a familia é que Lino se perdeu nos montes da zona cando se dirixía cara o lugar de Ventín. Un veciño foi a última persoa coa que falou e indicoulle que "ía dar unha volta". Así que Alba teno claro "o meu pai está no monte" polo que "necesitamos máis xente buscando entre as xestas e entre a maleza". Asegura que polo momento non se dan por vencidos e continúan con forzas para seguir buscando a Lino da Corbeira. Así que todas as mañás, en canto abre o día, concéntranse diante do concello para que Oscar Palleiro, un voluntario que coordina os equipos, indique as zonas a rastrexar. "As pistas percorréronse con coches polo que agora buscamos en cada esquina do monte meténdonos polas zonas de difícil acceso", di Alba. A familia agradece o traballo das ducias de voluntarios e voluntarias que participan na procura de Lino Fiuza así como todo o apoio que está a darlles o concello de Carnota que suspendeu todos os actos do entroido en solidaridade coa familia. Dispositivo de búsqueda Este é o primeiro caso no que o servizo de Emerxencias utiliza a unidade operativa de drons para a procura de persoas desaparecidas. Estes robots intelixentes levan uns detectores de calor e unhas cámaras que se aproximan ao corpo quente. Así durante estes días os drons localizaron ducias animais que habitan no monte pero non obtiveron ningún rastro de Lino. Outros dos medios que empregan os equipos e emerxencias para a procura deste veciño de Carnota é un helicóptero que sobrevoou os montes da zona sen resultado algún. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios