![Camarinas ven de participara no proxecto REN rede de municipios rurales europeos]()
Camariñas vén de participara no proxecto REN - rede de municipios rurales europeos -
Os mozos e mozas de
Camariñas, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Muxía, Vimianzo y Zas entre 18 e 29 anos poden anotarse xa no
programa de mobilidade xuvenil Galeuropa da dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta
no que xa participaran dez rapaces da Costa da Morte na convocatoria do ano pasado. Os participantes poderán realizar prácticas en empresas relacionadas coa súa formación académica e experiencia laboral en países como Londres, Italia ou Portugal. Para beneficiarse desta iniciativa os mozos e mozas deben de estar en situación de desemprego no momento de realizar a solicitude.
O propio programa cubre os custes da programación de idiomas, viaxe, aloxamento e manuntención. Os interesados en participar poden deben anotarse nas axencias de desenvolvemento local dos propios concellos participantes.
O principal obxectivo do programa é reducir o desemprego xuvenil ademais de mellorar as súas competencias interculturais e o dominio das linguas extranxeiras. As prácticas profesionais teñen unha duración mínima de dous meses e unha máxima de catro. O programa finaliza o 30 de novembro de 2016.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Camariñas