Abren o prazo de inscrición para a Travesía a nado das Sisargas

08:16 01/04/17

Queda hoxe aberto o prazo para inscribirse na VIII edicción da Travesia a nado Sisargas Malpica. Unha máis que simbólica proba deportiva que se celebrará o domingo 6 de agosto. Será unha travesía en mar aberto cunha distancia en liña recta de 4,2 km.
Unha proba que ademais é solidaria, pois o Club Travesía Sisargas doará o 10% do importe das inscripciones á Cruz Vermella para o proxecto de axuda á primeira infancia.
Na proba colaboran o Concello de Malpica, Cofradía de Pescadores, Protección Civil, Cruz Vermella do Mar.
Hai 200 prazas dispoñibles, pero tendes que saber que voan. Poden inscribirse en www.championchipnorte.com.
Así foi o ano pasado: