Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Alfredo Cambeiro toma o relevo de Manu Roque á fronte do Outes

Alfredo Cambeiro toma o relevo de Manu Roque á fronte do Outes
alfredo-cambeiro-ficha-polo-outes

Imposible será igualar nunca o legado de Manu Roque no Outes. Os seus problemas de saúde fixéronno deixar os campos a pasada semana, nunha decisión que fixo tremer os cimentos dunha casa que axudou a construir co seus esforzo, coñecemento e saber estar.

Pero toca mirar para o futuro, e así o entende a entidade da Serra, que xa ten substituto para facerse co primeiro equipo. Será o mítico Alfredo Cambeiro o que colla o relevo, e intente reconducir a difícil situación do equipo.

Despois da súa última mala experiencia en Cee, e cunha dilatada carreira no noso fútbol, Cambeiro buscará salvar ao equipo que, a día de hoxe é pechacancelas da 1ª con só 7 puntos, a 5 da salvación, e tras 6 xornadas sen gañar.

Hoxe, ás 21:00, o carnotán dirixirá o adestramento do 1ºequipo do Outes FC no Cunchido.

Novas relacionadas

Comentarios