xoves. 01.05.2025
El tiempo

Arrinca unha 3ª de ilusión, caras novas e incógnitas

Arrinca unha 3ª de ilusión, caras novas e incógnitas
O Muxía fixo unha presentación ao NBA O Muxía fixo unha presentación ao NBA

Arrinca esta fin de semana por fin esta 3ª Galega de 10 equipos e, outra vez, 3 voltas. Unha liga que chega con tanta ilusión como incógnitas, pois son varios os equipos que están apurando esta recta final para configurar os seus planteis. Ademais, como dato, só un equipo repite adestrador.

Un deses equipos é por exemplo é o Volantes de Baño, que ten protagonizado unha curiosa pretemporada, nun sprint final para arrincar a Liga sen amigables, e con Yanky afrontando o seu primeiro reto no banquiño, como xogador-adestrador xunto a Santi, que fará o propio.

Outro podería ser o Camelle, que a falta dunha semana quedaba sen adestrador, que ía ser o vimiancés Litos, pero ao final non houbo acordo e o equipo está pendente de anunciar o novo. O que saben seguro é que o Camelle dará, un ano máis, unha sana batalla no mítico Rodeiro, cun plantel moi semellante ao do curso pasado.

Foron outros os equipos que máis moveron o Mercado de fichaxes na 3ª. O novo Muxía de Álvaro do Coral, dirixido por Ordóñez, parece que chega cunha das apostas máis atrevidas, traendo de volta a moita xente da casa como Maikel (procedente dun Soneira de Preferente), os Alcaina, Breo ou Dani Picallo. Un muxía que volverá ter esa pizca fisterrá que tan ben lle senta aos da Barca.

Outro dos equipos máis reforzados é o Castrelo, ao que volve con moitas gañas Roland Caamaño. Foi o primeiro equipo en mover ficha durante o verán e suma nada menos que 10 fichaxes para afrontar o reto do seu primeiro ascenso.

Ollo haberá que ter aos dous descendidos (ademais do Volantas, o cuarto, o Carnota, non sae a competir este ano). O Ameixenda de Pato tivo unha forte recomposición, pero seguro que será dos favoritos. Igual que o Cabana de Oscar Mingui, outro dos equipos empeñados na renacionalización do seu plantel, apostando por xente da casa e da contorna.

Cunha renovada ilusión tamén afronta esta nova temporada o Sporting Seaia. A nova directiva deulle a volta a un equipo que dirixirá Tino de Bouza e que terá moitos dos nomes da última fornada do Malpica xuvenil de cursos pasados.

Por Lira tamén buscan un cambio de rumbo. Tamén houbo cambio de directiva, con Juan Canosa como presi, que aposta polo mítico Manín para darlle un estirón ao club. Varios nomes do finado Carnota locen nas altas do cadro liracho, que buscará sair da irregularidade crónica destes últimos anosa.

O único proxecto continuista é o do Nantón de Carlos Margarida. Con xente da casa, e varias novidades que volverán a vestirse de curto, o cadro cabanés buscará manter a regularidade destes anos e manterse en zona alta ata final de ano para ter opcións.

E por último, o debutante Outes B, o único filial da categoría, buscará, ás ordes de Alvite, dar saída a esa boa xornada de xuvenñís que leva tendo o cadro da Serra nos últimos anos. Ollo á artellería da zona de arriba!

Outes B 16-17 O debutante Outes B, o único filial da tempada

Primeira xornada, moi sabatina

E comeza a Liga cunha primeira xornada moi sabatina. Ata 3 encontros (Camelle-Muxía; Cabana-Volantes e Castrelo-Lira) serán o sábado, quedando para o domingo os Nantón-Seaia e Outes B-Ameixenda.

Novas relacionadas

Máis información

Comentarios