700.000€ do remanente da Laracha xa ten destino
Xa comezan os Concellos a utilizar ese remanente que levaba paralizado dende a Lei aprobada polo Ministro Montoro en 2014. A Laracha foi un dos Concellos que máis solicitou a súa utilización nestes tempos de pandemia, e precisamente onte aprobaba, nun pleno extraordinario, o investimentto de máis de 700.000€ para mellora de equipamentos e infraestrururas.
Trala aprobación do expediente de crédito extraordinario-suplemento de crédito 02-2020 permitirá frontar:
- Mellora da rede viaria, entre as que están a renovación do pavimento no núcleo de Requesende (Golmar) e no cruce entre O Pereiro e Fragunde (Vilaño), así como a adecuación dos sobreanchos nas estradas dos núcleos de Arén, Sande e Trasande (Cabovilaño).
- Ampliación da sinalización vertical tanto en núcleos urbanos como rurais.
- Expropiación dos terreos afectados polo Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo.
- Humanización de rúas e beirarrúas en núcleos urbanos, como a rúa Silverio Moreda Alvariño da Laracha ou e a pavimentación da rúa José Loureiro de Paiosaco.
- Acondicionamento de parcelas de titularidade municipal, incluíndo a do viveiro de empresas do polígono industrial.
- Mellora das redes de saneamento. Proxectos en A Cacharra (Cabovilaño) e na rúa da Braña (Lestón).
- Creación dunha área canina no núcleo urbano da Laracha.
- Mellora do complexo deportivo municipal da Laracha.
- Construción dun novo local no campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco.
- Renovación da parada de taxis da Laracha.
- Mellora do pavimento do campo da feira de Paiosaco.
- Melloras na iluminación pública (reposición de cableado e cadros eléctricos).
- Renovación dos parques infantís da praza Maximino Canedo e da escola infantil da Laracha.
- Adquisición de mobiliario urbano.
- Mellora de puntos de contenerización e adquisición de colectores de residuos sólidos urbanos e amarres.
- Gastos financeiros.
Plan de Transporte Metropolitano e SAF
O pleno tamén aprobou a renovación do convenio do Plan de Transporte Metropolitano coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
Así mesmo, o alcalde tamén informou da intención do Concello de escoller a proposta de Siad21 Galicia S.L. entre as 11 propostas presentadas para o concurso ao Servizo de Axuda no Fogar, cun contrato de 3,7millóns para 2 anos.