Venres. 27.11.2020
El tiempo

A Laracha contratará previsibiemente a Siad21 Galicia para o Servizo de Axuda no Fogar

A Laracha contratará previsibiemente a Siad21 Galicia para o Servizo de Axuda no Fogar

Aproposta de Siad21 Galicia S.L. é que obtivo maior puntuación das 11 que se presentaron ao procedemento de contratación do novo servizo de axuda no fogar (SAF) da Laracha. Onte clasificaban as ofertas das 11 empresas que participaron na licitación para este contrato de 3,7 millóns (por 2 amps e outros 2 prorrogables) para prestar cada ano 12.000 horas de servizo básico e outras 47.334 de servizo de dependencia, sendo o prezo máximo por hora de 20,15 euros de luns a sábado e de 20,91 euros os domingos e festivos.

A empresa que resulte adxudicataria –previsiblemente, Siad21 Galicia S.L.- deberá subrogar o persoal que está a prestar o servizo na actualidade.

Axudas Covid

Paralelamente, en clave económica, o Concello vén de conceder as primeiras 13 axudas ás empresas e autó[email protected] afectadas polo COVID. Aínda quedan 214 por xestionar, pero terán que subsanar os expedientes con nova documentación.
O Concello subvencionará con ata un máximo de 2.100 euros a cada beneficiario, cunha contía fixa inicial de 600 euros que se incrementará en 300 euros máis por autónomo ou empregado ata o citado tope.

Ademais, o Concello preve que a semana que vén sexan publicadas as bases que rexerán o programa de subvencións PEL-Reactiva impulsado pola Deputación da Coruña e ao que se adheriu o Concello da Laracha.

comentarios