Venres. 26.04.2024
El tiempo

8 moz@s comezan o programa de Voluntariado Xuvenil na Laracha

Hoxe xoves, hai cine na rúa en Caión
8 moz@s comezan o programa de Voluntariado Xuvenil na Laracha

Xa está en marcha o segundo programa de voluntariado xuvenil que organiza a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Paralelamente se desenvolve outro programa semellante con 17 rapaces.

No novo, son 8 os mozos e mozas que formarán parte deste programa, todos eles de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, recibiron a benvida no Concello por parte do alcalde, José Manuel López Varela, e tamén de Pablo Cambón, concelleiro e responsable da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha.

Durante os próximos meses os participantes apoiarán aos efectivos de Protección Civil nas actividades que desenvolvan, como por exemplo no control de accesos nos eventos de verán organizados polo Concello ou cooperando nas xornadas de feira de Paiosaco. Ao rematar a participación entregaráselles un certificado oficial que acreditará a súa colaboración e recoñecerá o seu valor social. Durante o desenvolvemento das xornadas tamén percibirán unha compensación económica diaria.

Cine na rúa

Continuando co desenvolvemento do programa municipal de actividades de verán, mañá xoves haberá cine ao aire libre en Caión co filme Maléfica, maestra del mal. Está protagonizado por Angelina Jolie e vai dirixido preferentemente a maiores de sete anos de idade.
A proxección comezará ás 22:30 horas no aparcamento xunto á casa reitoral. O acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar a capacidade máxima do recinto.

Comentarios