Venres. 26.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo para o programa de voluntario xuvenil con Protección Civil da Laracha

Programa Voluntariado Proteccion Civil Laracha
Programa Voluntariado Proteccion Civil Laracha
Aberto o prazo para o programa de voluntario xuvenil con Protección Civil da Laracha

A Asociación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha organizará un novo programa de voluntariado xuvenil que se vai realizar neste verán. Poden participar mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade. A inscrición estará aberta ata o 5 de xullo e debe formalizarse no Concello.

O propósito final é fortalecer a aprendizaxe dos voluntarios e reforzar os seus valores solidarios. As actividades a realizar estarán relacionadas con contidos formativos, deportivos e de sensibilización ambiental, entre outros.

Ademais, ao longo do verán Concello realizará neste verán outro programa de similares características ao que organiza Protección Civil e que tamén vai dirixido a mozos de entre 16 e 30 anos de idade. As persoas interesadas en participar aínda poden formalizar a súa inscrición no Concello.

Conciliación

Hoxe venres o Concello abre o prazo de inscrición para solicitar praza no servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se prestará a través do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha durante o próximo curso escolar 2022-2023. Ofértase ao alumnado matriculado nos tres colexios do termo municipal (CEIP Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión) para todos os días lectivos a partir das 7:00 horas e ata o inicio da actividade no centro de ensino correspondente.

A praza poderá solicitarse ata o 31 de agosto, data a partir da que poderán seguir presentándose instancias, pero pasando automaticamente á lista de agarda no suposto de que xa estivesen adxudicadas todas as prazas dispoñibles.

Comentarios