Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Avanza a construción do skatepark da Laracha

Avanza a construción do skatepark da Laracha

Continúa avanzando a área lúdica e deportiva arredor do IES Agra Leborís. A semana pasada coñecíamos o proxecto do parque de calistenia, e desta volta analizamos como avanzan as obras do skate park.

Xa está practicamente rematada a primeira fase do movemento de terras e canalizacións soterradas para as redes de abastecemento, electricidade e recollida de pluviais. Ao longo dos próximos días os traballos centraranse na cimentación e formigonado.

O Skatepark disporá de diferentes tipos de planos inclinados e costas para ofrecer un amplo abano de posibilidades de movementos, piruetas e acrobacias para as diversas disciplinas. Contará, ademais, cunha fonte de auga potable e iluminación en báculos e proxectores simétricos LED.

Neste ambicioso proxecto o Concello inviste 155.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais. Ademais do skate park e o parque de calistenia, xa hai dúas pistas polideportivas recén creadas, xerando así un espazo ideal para a mocidade.

Skate Park A Laracha
Así sefrá o Skate Park dA Laracha

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios