Luns. 28.09.2020
El tiempo

Axudas na Laracha para que estudantes poidan comprar de material informático

Axudas na Laracha para que estudantes poidan comprar de material informático

O Concello da Laracha destinará 75.000 euros a cooperar cos estudantes e as súas familias nos gastos derivados do inicio do novo curso escolar e tamén da adquisición de material informático durante o ano 2020 (abrirase o prazo en breve)

A liña de material informático contará con 20.000euros para o alumnado que comprase ou vaia comprar antes de final de ano un ordenador persoal, tableta, impresora ou libro electrónico para poder adaptarse ás circunstancias da suspensión das clases presenciais desde o mes de marzo debido á Covid-19 e poder participar nelas de xeito telemático. Neste caso, a contía das axudas será de 200 euros por beneficiario.

Unha axuda que se une á aberta para adquisición do material escolar e didáctico complementario ou calquera outro desembolso directamente relacionado coa actividade educativa.
As contías destas subvencións serán de 125 euros cada unha para os beneficiarios de bolsas de estudos que sexan estudantes de educación infantil, 100 euros para os de educación primaria, secundaria obrigatoria, 180 euros para os estudantes de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior e 300 euros tanto para os que cursen estudos universitarios de grao medio ou superior como para aqueles alumnos que requiran de necesidades educativas especiais.

comentarios