Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O PSOE da Laracha pide que se manteña activa a EEI de Comiáns

A EEI de Comiáns
A EEI de Comiáns
O PSOE da Laracha pide que se manteña activa a EEI de Comiáns

O pasado 12 de agosto a Xunta confirmaba a supresión da Escola Infantil de Comiáns, na Laracha, por quedar con menos de 6 matrículas. Unha situación que obriga ás 5 familias que quedaban escolarizadas no lugar a matricularse no CEIP Ramón Otero Pedrayo empregando o servizo de transporte escolar, coas dificultades engadidas de aplicarse nos novos protocolos, e formando parte dun grupo cun número de alumnos superior ao que terían na escola de educación infantil.

Ante esta situación, o PSOE da Laracha vén de presentar unha moción para debater no vindeiro Pleno correspondente ao mes de setembro. A voceira Paloma Rodríguez, pide corrixir a orde do 3 de agosto e que se manteña en funcionamento a EEI para este curso 20/21; ou optar “pola alternativa de conformar grupos de convivencia estable tal e como se recolle no protocolo de adaptación da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional”.

O PSOE, que tamén presenta varias preguntas no Parlamento a través do Deputado deputado Luís Manuel Álvarez Martínez, lembra o recorte de 24 das 124 Escolas de Educación Infantil que había en Galicia hai tan un curso, e considera que “en plena crise sanitaria polo coronavirus, cando a idea é apostar por aulas máis pequenas e optar pola alternativa de establecer grupos estables de aula que xunto ao titor/a poderán conformar grupos de convivencia estable”.

Ante esta situación preguntará ao goberno popular no Parlamento Galego se “se analizou antes de suprimir formalmente a EEI de Comiáns a previsión de alumnado que podería facer uso deste centro nos próximos cursos”, e se polo menos se valorou dende a Consellería a posibilidade de manter en funcionamento a EEI larachesa.

Novas relacionadas

Comentarios