Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG presenta alegacións contra os Parques Eólicos de Monte Neme e Coto Loureiro

Responsables do BNG de Bergantinos
Responsables do BNG de Bergantiños
O BNG presenta alegacións contra os Parques Eólicos de Monte Neme e Coto Loureiro

”Eólica si, pero así non”, “non a calquera prezo”. Fai propio o BNG o discurso de numerosos colectivos medioambientais ante a invasión de viraventos que está sufrir o país, tralo novo impulso eólico da Xunta de Galicia.

Desta volta, o grupo vén de presentar alegacións ao dous proxectos que ameazan o territorio de Bergantiños: o P.E. Coto Loureiro, que afecta á Laracha e Cerceda; e o P.E. Monte Neme, entre Carballo e Malpica.

Foi o deputado Daniel Pérez e o responsable comarcal do BNG, Marcos Trigo, os que rexistraron xa o documento que recolle os motivos da oposición ao proxecto que afecta ao monte carballés. Aseguran que o proxecto está “repleto de erros e eivas tanto na forma coma no fondo”. A nivel medioambiental, por exemplo, “non se avalía correctamente o impacto da construción das infraestruturas do parque (vías, canalizacións...), nin sobre os recursos hídricos, nin nos hábitats e especies de flora e fauna protexidas, malia afectar a unha Zona de Especial Protección para as Aves como é o complexo Razo-Baldaio”.
A autorización do proxecto do Monte Neme “tal como está proxectado suporía “un dano irreparable para a zona”, insistiu Marcos Trigo.

Ademais, este venres, nun acto no que tamén estivo presente o BNG de Malpica, o responsable comarcal do BNG compareceu con membros dos grupos municipais de Cerceda e A Laracha para anunciar que tamén se presentarán alegacións contra o proxecto denominado Coto Loureiro. Os motivos son semellantes e os prexuízos, moi importantes. “O proxecto afecta en moitos aspectos, sobre todo ás persoas, polo ruído, a incidencia no patrimonio natural, na actividade agrogandeira e forestal, no turismo...”, como apuntou o voceiro do BNG da Laracha, Xoán Sande.

Novas relacionadas

Comentarios