As brigadas mediambientais limpan o río Vilán
08:51 12/10/22
Bo repaso lle pegaron os membros da brigada medioambiental municipal á contorna do río Vilán, tamén coñecido como Rego de Quenxe. Unha espazo fluvial que destaca pola beleza paisaxística e riqueza medioambiental, a partir de hoxe moito máis apto para uso e goce dos veciños e visitantes para a realización de rutas a pé.
As brigadas limparon un treito de seis quilómetros que vai desde O Cancelo, xunto á glorieta de acceso á autoestrada e ao parque empresarial, ata o límite co municipio de Carballo, afectando por tanto ao paso
do río polas parroquias de Cabovilaño e Lemaio.