Xoves. 26.11.2020
El tiempo

As Brigadas Medioambientais eliminan matas de Plumachos dos montes de Caión

Eliminación plumachos nos montes de Caion
Eliminación plumachos nos montes de Caion
As Brigadas Medioambientais eliminan matas de Plumachos dos montes de Caión

Vai en serio a aposta do Concello de Laracha de actual contra a invasión dos Plumachos. Así, as brigadas medioambientais estiveron estes días na parroquia de Caión, eliminando esta especie invasora dos espazos públicos da zona do miradoiro do Campo da Costa. Unha especie que procede de Sudamérica (de aí o seu outro nome vulgar, herba da Pampa, sendo o seu nome científico cortaderia selloana) e que se estende cunha facilidade extrema no noso país.

A brigada tamén realizará estas intervencións en parcelas privadas de xeito gratuito, coa autorización dos seus propietarios.

Ademais, a colaboración cidadá é esencial nesta iniciativa. Se calquera particular detecta plumachos en algún punto de dominio público do termo municipal, pode comunicalo ao Concello para proceder á súa retirada.

Renovación do Parque Biosaudable de Caión

2020.11.07.- Parque biosaudable Caión

O Concello vén de completar a renovación dos aparellos do parque biosaudable de Caión, dispoñible para a cidadanía no paseo marítimo á altura da zona da Insua.
Nos próximos días Paiosaco tamén contará co seu propio parque biosaudable
que o Concello creará na zona da Porta Santa, nunha parcela de titularidade
municipal moi próxima ao centro sociocultural da vila.
 

Novas relacionadas

comentarios