Venres. 26.04.2024
El tiempo

As brigadas municipais da Laracha limpan 19 km dos seus ríos

Limpeza ríos na Laracha
As brigadas municipais da Laracha limpan 19 km dos seus ríos

Normalmente é a Xunta a que acomete a limpeza dos ríos, ero hai Concellos especialmente sensibilizados coa posta en valor dos entornos fluviais como espazos naturais de gran valor paisaxístico e medioambiental, e queren poñelos aptos para uso e disfrute dos veciños e visitantes.

Así, na Laracha, todos os anos impulsa actuacións nas marxes dos ríos para acondicionalas, controlar o crecemento da biomasa e mantelas en boas condicións de limpeza, centrando os traballos na época do verán polas condicións climatolóxicas máis favorables para o desenvolvemento deste tipo de tarefas. Os labores consisten, esencialmente, na eliminación da maleza na zona de policía de cinco metros e a ambas marxes dos ríos nos tramos nos que a orografía do terreo así o permite.

Nos últimos meses as brigadas medioambientais municipais actuaron nunha distancia lineal de máis de 19 km, sendo 10,7 km no río Anllóns (desde Os Muíños de Coiro ata Tuixe), 6 km no río Acheiro (desde a confluencia co Anllóns ata A Beria en Golmar) e 2,6 km no río Bradoso (desde o cruce de San Fins ata O Xestal). Actualmente os operarios están concluíndo as intervencións no Anllóns, estando xa rematadas nos outros dous ríos.

Comentarios