O Campo de Soandres acolleu a 8ª xornada da Liga Nacional de Billarda
Esta pasada fin de semana, o campo de fútbol "Ponte do Sal", en Vista Alegre -Soandres (A Laracha), acollía a 8ª xornada da Liga Atlàntica de Billarda.
Unha na que se deron cita palanadores de toda Galicia, mesmo chegados das Rías Baixas ou Lugo, demostrando unha vez máis, que A Laracha é potencia.
O gañador da Categoría Absoluta foi Xan Rodiño (Lúa de Forza-Sanxenxo), por diante de Juanchi (Lúa de Forza-Sanxenxo) e de Juan Carlos (Campo da Feira-Paiosaco).
Na Categoría feminina, vencía Lú (Lúa de Forza-Sanxenxo), seguida de preto pola nosa Merche (APB-A Laracha) e Delia (Billarda Río Miño (Castro de Rei).
Xa en Infantís, facíase coa vitoria Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña), superando a Aleixo (Cochiqueiros -Cerceda) e a Kevin (APB-A Laracha).
Finalmente os Cochiqueiros de Cerqueda quedaron campións por equipos por diante do APB-A Laracha e o Campo da Feira de Paisaco.
Última proba do ano, en Paisaco
A vindeira cita será como ven sendo habitual dende hai xa uns anos, Aberto de Fin Ano en Paiosaco, organizado pola equipa Campo da Feira.
Máis novas