Luns. 04.11.2024
El tiempo

A Laracha acolleu o Aberto de Billarda de Fin de Ano

Aberto de Billarda de Fin de Ano Laracha 1
Foto de familia do Aberto de Billarda de Fin de Ano no Agra Leborís
A Laracha acolleu o Aberto de Billarda de Fin de Ano

Acolleu o Pavillón do Ies Agra de Leboris da Laracha o VI Aberto de Billarda de Fin de Ano. Uns 60 palanador@s acubilláronse do vento para distrutar dunha nova xornada de tradición, deporte, confraternidade e festa.

Un deporte que segue medrando, que conta cada vez con máis practicantes, mulleres, homes, rapazas e rapaces, sen importar a idade nen o número, e que ademais ten na Laracha un gran centro neurálxico que fomenta o crecemento da Liga Alántica de Billarda da Conferencia Noroeste.

A xornada contou coa visita do Apalpador, e ao remate da xornada billardeira, a equipa anfitrión, Campo da Feira-Paiosaco, convidou a todas e a todos os participantes e patrocinadores a unha variada carta de pinchos no Bar "O Cepo”, situado a carón do recinto feiral.

Aberto de Billarda de Fin de Ano Laracha  2

No deportivo, Óscar Ponte (Campo da Feira-Paiosaco) foi o campión masculino, por diante de Roi (APB-A Laracha) e de Marc(Campo da Feira-Paiosaco).
Na categoría feminina, a campiona foi Mercedes (Campo da Feira-Paiosaco), por diante de Silvia (Cochiqueiros-Cerceda) e Auri (Campo da Feira-Paiosaco).
E en Infantil, o primeiro chanzo do poido quedou tamén no concello da man de Kevin (APB-A Laracha). Segundo foi Miguel Cancela (Campo da Feira-Paiosaco) e terceiro Valentín (Filloas de Sangue da Coruña).

Aberto de Billarda de Fin de Ano Laracha 3
Campións co apalpador

 

Novas relacionadas

Comentarios