A Laracha e Paisaco triunfan na Liga Atlántica de Billarda
Rematou a tempada da Liga Atlántica de Billarda na Conferencia Noroeste. Fíxoo esta fin de semana na xornada final disputada en San Martiño, no campo da Magdalena, ao caron do piñeiral da afamada praia de Cabanas. Foi un auténtico exito de participación con participantes chegados das tres Conferencias, e por suposto, os laracheses demostraron o seu poderío.
Así, o APB A Laracha foron os gñadores por equipos, mentres que Miguel (Campo da Feira-Paiosaco) foi o campión da categoría masculina, por diante de Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña) e de Roi (APB-A Laracha).
A súa compañeira Merche quedou terceira en féminas, por detrás de Lu (Lúa de Forza -Sanxenxo) e Geni (Billardeiros Musicais-Ribadeo).
Merche (APB-A Laracha) é a campionar da Liga Noroeste. Juan Carlos (Campo da Feira-Paiosaco) e Xosé Collazo (APB-A Laracha) subiron ao podio de Varados, e Kevin (APB-A Laracha) no Infantil tamén.
A vindeira cita, xa de peche de temporada, será o 25 de xuño coas as finais da Liga Nacional no campo da Estacada de Bueu a partir das 11:00h.
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 23: A billarda puido co vento de Razo.
- Febreiro 22: A billarda segue medrando en Soandres, Mazaricos e Razo.
- Xaneiro 23: A Laracha acolleu o Aberto de Billarda de Fin de Ano.
- Decembro 22: O Aberto de Carballo ratifica á Laracha como potencia provincial da billarda.
- Novembro 22: Nova xornada coa Laracha e Paiosaco de protagonistas na Liga Nacional de Billarda.
- Outubro 22: Unha familia de Paiosaco arrasa na xornada de billarda.
- Setembro 22: Paiosaco e A Laracha volven mandaro no comezo da Liga Atlántica de Billarda Conferencia Noroeste.