sábado. 07.12.2024
El tiempo

Volveu a billarda á praia de Laxe

Billarda na praia de Laxe 2023
Volveu a billarda á praia de Laxe

Dende 2015, por mor de diversas borrascas, non se disputaba unha xornada da Liga Atlántica de Billarda na praia de Laxe. Pero volveu este 23 de setembro de 2023, gracias ao verán de San Miguel que vivimos estes días, que permitiu gozar dunha fermosa sesión deste xogo tradicional singular.

Ben é certo que a area dificulta a práctica deportiva e, de feito, non se consegiu ningun varado e as puntuacións foron bastante baixas debido o terreo.

Moita expectación no areal
Moita expectación no areal

No deportivo, A Laracha segue sendo o concello mellor representado no deporte, e o Campo da Feira de Paiosaco volveu impoñerse na categoría de Equipos, por diante dos Cochiqueiros de Cerceda, e o APB-A Laracha.

Na Categoría infantil, gañou Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña), por diante de Virgi (Filloas de Sangue-A Coruña) e Kevin (APB-A Laracha).
Na Categoría feminina, a vencedora foi Delia (Río Miño-Castro de Ribeiras de Lea), por diante de Sonia (Cochiqueiros -Cerceda) e Lola (Rinoceronte - Pontevedra).
Mentres que na masculina gañou Xan Rodiño (Lúa de Forza-Sanxenxo), completando o poido Abel (Campo da Feira-Paiosaco) e Abel Regueiro (Cochiqueiros -Cerceda).

Billarda na praia de Laxe

Ao remate, e gracias á colaboración do Concello de Laxe e a Federación Galega de Deporte Autóctono, Modalidade Billarda, puideron gozar cos agasallos de productos de comercio local entre os que estaba a recoñecida Tortilla doce do Peñón e unha empanada da panaderia do Sabio.

A próxima xornada será na Coruña o 8 de outubro.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios