O certame de Marcapáxinas da Laracha ten premios
11:09 30/05/22
A concelleira de Cultura, Patricia Bello, fixo entrega ás catro galardoadas dos premios do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello no marco do programa en conmemoración das Letras Galegas e no que se convidara a participar ao alumnado de educación primaria.
As nenas premiadas nas dúas categorías do concurso foron:
- Alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria:
- 1º premio: Sofía Queijo Rey por “Soñar esperta, cos ollos abertos”.
2º premio: Vera Castro Cacharrón por “Un conto”. - Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria:
- 1º premio: Uxía Rodríguez Cotelo por “Eu elixo ler”.
- 2º premio: Noa Cabezas Martínez por “Os extraterrestres tamén len.
Ademais dos agasallos, consistentes en lotes de libros e material didáctico adaptado ás súas idades, os traballos que obtiveron o primeiro premio de cada categoría serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da Rede de Bibliotecas Municipais.