Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Concedidos 1.108 bonos de 30€ para gastar nos comercios da Laracha

eu merco na laracha 2023
Concedidos 1.108 bonos de 30€ para gastar nos comercios da Laracha

A campaña de promoción do comercio local do programa Eu merco na Laracha, segue a ser un éxito. Na web www.eumerconalaracha.alaracha.gal xa pode consultarse a listaxe das 1.108 persoas que teñen concedidos os bonos

O seguinte paso para as persoas beneficiarias será recoller a súa chequeira por valor de trinta euros que conterá tres bonos de dez euros. Cada un deles será independente e poderá empregarse para descontar por cada gasto de vinte euros nas compras e consumos nos establecementos ou servizos adheridos, que tamén poden consultarse na web de Eu merco na Laracha.

Ditas chequeiras deben recollerse presencialmente no edificio administrativo da Laracha entre o 1 e o 7 de xuño de 9:30 a 14:30 h. O día 5 de xuño tamén se
poderá facer o trámite en horario de tarde, de 16:30 a 19:00 h. O prazo para poder canxear os bonos nos establecementos e servizos adheridos a Eu merco na Laracha será do 5 ao 23 de xuño.

Comentarios