Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Concello da Laracha notificou a 300 propietarios o deber de limpar as súas parcelas

Parcela particular en Lestón sen xestionar a biomasa
O Concello da Laracha notificou a 300 propietarios o deber de limpar as súas parcelas

Comezaba a pasada semana a Xunta a cumprir coa súa propia Lei de Prevención de Incendios Forestais, a pesar de levar anos avisando e de estar vixente dende o pasado mes de maio.

Durante todo este tempo, foron poucos os Concellos que estiveron informando e esixindo. Un deles é o da laracha, que informa que xa leva preto de 300 notificacións (previo informe da Policía Local) a propietarios de parcelas, terreos, fincas e solares situados nos núcleos urbanos, zonas da periferia e áreas residenciais de parroquias rurais que requiren dun tratamento especial a obriga de mantelos nas condicións axeitadas de limpeza en cumprimento da normativa vixente.

Lembra o Concello que “os requirimentos advirten que o incumprimento pode implicar sancións administrativas e asumir os custes das intervencións subsidiarias do Concello”, puidendo “implicar a apertura de expedientes sancionadores por importe desde os 1.000 (infracción leve) ata os 100.000 euros (infracción grave), ademais de asumir o propietario das parcelas o custe das actuacións que, no caso de ser preciso, o Concello executa subsidiariamente”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios