O Concello da Laracha ofrece información sobre o emprego da oficina electrónica e a plataforma Subtel
A oficina electrónica do Concello da Laracha (sede.alaracha.gal) permite dispor a través da rede -mediante a previa identificación do usuario con DNI ou certificado electrónico- dunha serie de servizos personalizados ou tamén a realización de trámites administrativos sen necesidade de acudir ás oficinas municipais.
Ademais, para as diferentes entidades (clubs, asociacións, anpas, etc.) é obrigatorio o emprego da plataforma SUBTEL para tramitar calquera solicitude de subvencións convocadas pola Deputación da Coruña.
O vindeiro día 20 de febreiro un axente especializado estará no Concello da Laracha para ofrecer información e asesoramento sobre:
- Oficina electrónica municipal (dirixida á cidadanía en xeral): de 10:00 a 11:00 horas.
- Plataforma SUBTEL (dirixida a representantes das entidades): de 11:00 a 12:00 horas.
As persoas interesadas deben acudir ao Concello nos horarios indicados sen necesidade de reservar cita previa.