Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Concello da Laracha xa conta coa cesión do Casa Reitoral de Montemaior

O alcalde, José Manuel López Varela, e o ecónomo diocesano do Arcebispado de Santiago, Fernando Barros Fornos, asinaron o convenio de cesión
O alcalde, José Manuel López Varela, e o ecónomo diocesano do Arcebispado de Santiago, Fernando Barros Fornos, asinaron o convenio de cesión
O Concello da Laracha xa conta coa cesión do Casa Reitoral de Montemaior

Xa conta con financiamento e todo o proxecto de rehabilitación da Casa Reitoral de Montemaior para convertela nun espazo multifuncional. Pero faltaba a sinatura da cesión por parte do Arcebispado de Santiago, cuio contrato foi asinado onte nun evento celebrado na sala de xuntas da Curia diocesana, que contou tamén coa participación do párroco de Montemaior, Isolino Esmorís, e Manuel Mallo, membro da Delegación Diocesana de Economía e que tamén é párroco de Soandres, ademais do José Manuel López Varela, e o ecónomo diocesano do Arcebispado de Santiago, Fernando Barros Fornos.

O Concello da Laracha disporá do inmoble por un prazo de 29 anos, para recuperar a edificación e ofrecerlle novos usos de interese xeral comunitario. A casa convertirase nun espazo multifuncional que será empregado como punto de encontro para os veciños, albergue con 25 prazas e centro de referencia para o sector primario.

Servirá para acoller máis actividades culturais e educativas e reforzar a participación do Concello en programas de intercambio e voluntariado xuvenil nacional e internacional e poñer en marcha iniciativas de tipo técnico e formativo relacionadas especialmente coa agricultura e a gandería.

Novas relacionadas

Comentarios