A construción do retablo dos Milagres de Caión
Estamos xa no outono, e co comezo desta estación están a clausurarse moitas das romaxes e festas populares das nosas freguesías, sendo unha das máis coñecidas da bisbarra a dos Milagres de Caión. A este santuario larachés acoden milleiros de peregrinos dende a zona de Bergantiños ata A Coruña, sexa camiñando ou nos seus vehículos particulares, para venerar a imaxe da Virxe que alí se custodia. Contemplando a documentación do arquivo parroquial, chegamos á conclusión que xa a principios do século XVII, en torno ao ano 1630, invocábase a Nosa Señora co título dos Milagres coa mesma afluencia de devotos que ten actualmente. Grazas ás esmolas que estes deixaban, foi posible elevar o actual santuario, xusto no mesmo solar que ocupou noutro tempo a igrexa parroquial, hoxe no centro da vila no que foi o templo conventual dos frades agostiños. O actual edificio, rematada a súa arquitectura na terceira década do século XIX, foise adornando logo da súa conclusión, especialmente co fermoso retablo maior que ocupa o muro do presbiterio.
Este retablo foi mandado facer en 1865 na visita pastoral do Cardeal García Cuesta a esta freguesía, xa que o anterior retablo, construído en 1811, non era moi digno. A actual peza foi fabricada en 1871 polo escultor coruñés Manuel Fernández, dentro do estilo historicista clásico. O libro de contas di o seguinte: “En este año se colocó el retablo nuevo que habiendo sido anunciado en el Boletín Eclesiástico de esta diócesis para que el que quisiera hacerlo más barato se presentase a contratarlo y habiéndolo verificado varios, lo remató el maestro escultor don Manuel Fernández, del ayuntamiento de Oza, en la cantidad de seis mil seiscientos reales los que por cuenta de los fondos existentes se han satisfecho; conducirlo de casa del maestro a La Coruña y de allí embarcarlo a este puerto de Cayón y del puerto a la ermita de la Virgen por haber sido separado del contrato su conducción, se abonaron quinientos sesenta reales que importaron todos estos gastos”.
No ano 1873, logo de recuperarse economicamente, o santuario procedeu á poxa da policromía, que recaeu no pintor Andrés Cardama, de Santiago: “En el Boletín Eclesiástico de esta diócesis, fecha treinta de mayo de mil ochocientos setenta y uno, se anunció la pintura y dorado que era necesario para el retablo del santuario de Nuestra Señora de los Milagros y entre varios solicitadores se presentó Andrés Cardama, vecino de la parroquia de Sar, de la ciudad de Santiago y como postor más ventajoso se le remató a condición de dorar a temple toda la parte que el retablo tiene de dibujo y pintar lo liso en la cantidad de cinco mil quinientos reales que en este año se le han satisfecho según el recibo extendido por el Cardama al dorso del contrato”.
De igual xeito, neses anos fabricáronse dous retablos colaterais do mesmo estilo, dedicados un deles a san Bartolomeu e outro a santa Ana. Estes foron retirados na década dos setenta do século pasado: un consérvase íntegro nun lateral da igrexa parroquial e do outro só se conservan un par de columnas que serven de peaña a dúas imaxes.
Máis artigos de Luís Bermúdez
- A cruz parroquial de Verdes, en Coristanco: unha das pezas de prata de máis antigüidade na zona de Bergantiños
- As constitucións de 1771 da confraría de Santa María de Ferreira
- Analizando polo miúdo a custodia de San Pedro de Valenza, en Coristanco
- Setenta anos da chegada de don Cipriano Reiriz de Dios (1902-1983) a Valenza, Coristanco: o crego que fixo progresar o rural.
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través da visita pastoral de 1817
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través das visitas pastorais dos séculos XVII e XVIII
- Milagres da Virxe de Pastoriza nas comarcas de Bergantiños e Soneira
- Santos e marcos: a discusión entre san Xián e santa Baia polo lugar de Lume da Cova
- A pirotecnia e as festas de Bergantiños no pasado
- A supresión e anexión das parroquias de San Xusto e Verdes
- Os toques das campás en Bergantiños e o contrato das campás de Oza, Xaviña e Lemaio
- As capelanías existentes en Bergantiños a mediados do século XVIII
- O preito de Santa Minia de Seavia (1870)
- Algunhas sepulturas históricas nas igrexas da zona de Bergantiños
- Don Nicolás Varela Díaz: un fillo ilustre da comarca de Bergantiños
- A devoción a san Antonio de Padua na parroquia de Agualada
- A Virxe da Saleta de Silván: avogosa e protectora das patacas de Coristanco
- A capela das Salgueiras, en Coristanco: de ermida particular a templo veciñal
- A devoción a san Roque na comarca de Bergantiños