Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O CP Conxuro, anfitrión do Campionato III Fase de Niveles Coruña Norte na Laracha

Patinaxe na Laracha co Conxuro
O CP Conxuro, anfitrión do Campionato III Fase de Niveles Coruña Norte na Laracha

Acolle o Pavillón Municipal de Laracha este sábado o Campionato de Patinaxe III Fase de Niveles Coruña Norte, organizada polo CP Conxuro. Desde as 10:00 e ata as 19:50 horas haberá máis de 200 patinadores dunha vintena de clubs de toda a provincia: CP Patiart , CP Velúa, CP Aura, CP Buxaina , CP Lenda, CPA Costa da Morte, CPA Inercia, CP Oleiros, CP Axel, CP Alquimia, Club Compañía de María, Escola Lubiáns, CPA Eiriz, CD Fervello, CPA Maxia, CP O Corgo, CP As Pontes, CPA Brincadeira, CP Enxebre e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha.

O CP Conxuro presenta a 11 das súas patinadoras:

  • Nivel 1: Mía Muñiz, Candela Tuset, Lucía García, Sofía Bello, Daniela Pose e Jimena Felipez.
  • Nivel 2: Lucía Losada, María García e Daniela Antelo.
  • Nivel 3: Iria Bustelo e Lara Roca.

Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña e os patrocinadores "Asteria Café", "Argalla", "O Noso Café" e "Maluca Lobe”.

Día do Patín en Laxe

Pola súa parte, o Club Patín Laxe organiza unha xornada divertida para o xoves 23.

Dia do Patin de Laxe

Comentarios