Xoves. 07.11.2024
El tiempo

Dous feridos tras un novo accidente en Paiosaco

Accidente en Paiosaco
Dous feridos tras un novo accidente en Paiosaco

O temporal segue azoutando a Costa da Morte coa alerta laranxa en todo o litoral, e a chuvia, a saraiba e o vento como grandes protagonistas. Polo que transitar pola estrada é máis perigoso que nunca. Así lle aconteceu esta noite de martes, arredor das 22:00h, a dous veciños que sufriron un accidente frontal xusto na saida de Paiosaco (Laracha) en dirección a Arteixo.

Un dos concudtores ficou ferido. O outro estaba ferido e atrapado dende a cintura ata as pernas polo salpicadeiro e o volante do coche, pero consciente e falando en todo momento.

Os Bombeiros de Carballo, xunto cos de Arteixo, en colaboración do do Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo (SMPC Arteixo) e os servizos médicos, excarceraron ao atrapado e trasladaron aos dous feridoos nas ambulancias do 061.

Ao lugar tamén acodiron a Policía Local de Arteixo, Garda Civil de Tráfico e duas grúas.

Comentarios