Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un envorco e un incendio dun vehículo nesta noite de sábado

accidente trafico autopista 2
Un envorco e un incendio dun vehículo nesta noite de sábado

Noite movida esta pasada de sábado. Pasadas as 22:30h rexistábase un accidente na peaxe do AG-55 da Laracha. Un vehículo sufría un envorco na peaxe, sen producir feridos. Acodiron o Servizo de mantemento, Garda Civil de Tráfico e guindastre, ademais dos Bombeiros acodiron para limpar os restos de aceite, plásticos e cristais que había na calzada, unha vez que o guindastre retirou o vehiculo.

De contado, preto das 0:00h, os Bombeiros desprazábanse á estrada de Berdillo á Piña, onde se rexistraba un novo suceso. Foi o incendio dun vehículo nunha pista forestal, provocando tamén lume na zona do monte. Os Bombeiros carballeses tiveron que sufocar o lume do coche e do monte, xa que non había outros medios no punto; os medios de incendios forestais chegarían posteriormente cando xa estaba o lume extinguido. O vehículo quedou queimado por completo e descoñécese a orixe do lume xa que no punto non había ninguén. A zona de monte afectada foi duns 300 metros cadrados aproximadamente.

accidente trafico verdillo
Incendio nunha pista forestal de Verdillo

Comentarios