Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os escaparates e as Panxoliñas teñen premio na Laracha

Escaparates laracha 2021-2022
Os escaparates e as Panxoliñas teñen premio na Laracha

O Concello da laracha, que vén de decidir retrasar o reinicio de todas actividades culturais e deportivas do programa municipal 2021-2022 ante o incremento no número de casos de contaxios (son a día de hoxe 409 casos detectados nos úñltimos 14 días), vén de anunciar os premiados de dous dos certames de nadal.

Concurso de Escaparates

A 26ª edición do concurso de escaparates de Nadal convocado polo Concello da Laracha xa ten gañadores. Os galardoados en base ás valoracións do xurado foron:

  • 1º premio (500 euros): Panadería Suso (Rúa dos Oleiros, 2. Paiosaco).
  • 2º premio (400 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños 2ª, Paiosaco).
  • 3º premio (300 euros): Canela & Pimienta (Rúa Epifanio Campo Núñez, 18. A Laracha)
  • 4º premio (200 euros): Floristería Churima (Avenida Fisterra, 111. A Laracha).
  • 5º premio (100 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida Doutor López Astray, 74. A Laracha).

No concurso de Facebook, no que houbo máis de 2.200 reaccións dos usuarios, as tres con máis gústasmes foron:

  • 1º premio (150 euros): Xarope Hospital Veterinario (Rúa Santa Lucía, 42. A Laracha), con 443 votos.
  • 2º premio (100 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños 2ª, Paiosaco), con 396 votos.
  • 3º premio (50 euros): Panadería Suso (Rúa dos Oleiros, 2. Paiosaco), con 336 votos.

Panxoliñas

A Asociación Cultural Santa María de Torás, coa súa peza “O pelo roxiño”, logrou o primeiro premio do tradicional Concurso de Panxoliñas “María Angeriz Tuset” que organizou o Concello e que neste ano se realizou por primeira vez na modalidade virtual, adaptándose así ás restricións motivadas pola situación epidemiolóxica.

A panxoliña da Asociación Cultural Santa María de Torás foi a máis votada con 2.860 reaccións positivas, obtendo por tanto o premio económico de 400 euros.
O segundo posto (300 euros) foi para a Asociación Cultural Arume de Caión, con 2.548 votos á súa panxoliña titulada Despedida de ano vello.
En terceiro lugar (200 euros) quedou clasificado o Coro Xuvenil Santa María de Torás, que obtivo 803 votos na peza O caixón das emocións.

A estes premios hai que engadir a gratificación de 200 euros a cada grupo polo feito de presentarse ao concurso. O resto dos participantes foron o Coro As Salseiras de Caión, a Asociación Musical da Laracha e o Coro de Vilaño.

Comentarios