Venres. 19.04.2024
El tiempo

A foto gañadora do Concurso A Laracha no Obxectivo servirá de felicitación municipal

A foto gañadora do Concurso A Laracha no Obxectivo servirá de felicitación municipal

Entregou onte o Concello da Laracha os premios aos gañadores da primeira edición do concurso fotográfico A Laracha no Obxectivo, dotados cun total de 1.150 euros.

O primeiro premio (dotado con 500 euros) foi para a foto titulada Lúa chea polo santuario dos Milagres, de Antonio Fernández, na que pode verse o satélite sobre o campanario da capela. Ao atoparse o autor fóra de Galicia, recolleu o premio Mabel Varela, que leu un comunicado escrito por Antonio Fernández no que explicou o proceso de varios meses que levou a cabo para tomar a foto da lúa chea –a lúa de outono, tamén chamada lúa da colleita- sobre o templo, a unha distancia duns seiscentos metros e coas condicións climatolóxicas idóneas.
O alcalde, José Manuel López Varela, avanzou que esa imaxe será empregada polo Concello para a felicitación de Nadal institucional deste ano.

O segundo premio (300 euros) foi para Estrelas de Caión, unha panorámica da vila feita por Iván Gómez Costa. O terceiro premio (150 euros) outorgouse a Agarimos á nosa costa, instantánea de Samuel López tomada cun dron e centrada na praia do Caracoleiro.

Na modalidade “Redes Sociais” a imaxe gañadora foi Excepción, de Laura Liset Valdés González, unha posta de sol sobre o mar da praia de Caión. O premio é de 200 euros.

Comentarios