Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Laracha abre o programa polo 25N a entidades, establecimentos e empresas

A Laracha abre o programa polo 25N a entidades, establecimentos e empresas

Presentaba o pasado venres o Concello da Laracha o seu completo e inclusivo programa arredor do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Baixo o lema “A Laracha fronte ás violencias machistas, a campaña está aberta as entidades, establecementos comerciais, empresas e persoas a título individual mediante un formulario que xa está dispoñible na web municipal alaracha.gal.

O Concello procederá coa instalación de puntos violetas en Paiosaco (domingo 21, aproveitando a xornada de feira), Caión (martes 23) e A Laracha (xoves 25) nos que se ofrecerá información tanto sobre os recursos ao alcance das vítimas e pautas de actuación ante diferentes supostos de violencias machistas.

O propio día 25 organizarase unha dobre actividade, consistente nunha andaina de ida e volta entre A Laracha e Paiosaco (5,5 km) e, a continuación, a proxección do documental Volar -con posterior charla-coloquio a cargo de Nerea del Campo Aguirre e Arrate Ramírez Baglietto, dúas das súas protagonistas- no que nove mulleres cun pasado de violencia de xénero relatan en primeira persoa as súas experiencias e o seu percorrido vital.

Ademais, tamén se inclúe neste programa unha función dentro dos Venres Teatrais. Será o 26 de novembro con Comando Comadres, un espectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto no que un grupo de artivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais. A montaxe é producida por Matrioshka Teatro e escenificada polas actrices Anabell Gago, Chelo do Rejo e María Ángeles Iglesias.

Programación

Novas relacionadas

Comentarios