A Laracha acondiciona os centros escolares para o comezo de curso
Este pasado mércores tivo lugar unha últimas actividades do programa deste Verán 2020 na Laracha. Foi a Travesía en Barco pola Costa de Caión na que participaron un total de 14 persoas en tres quendas. As travesías tiveron unha hora de duración cada unha.
Xa queda menos para a volta ao cole, e por iso o Concello, con fondos propios, está a realizar unha serie de melloras, principalmente actuacións de mantemento, conservación e tamén obras novas, nos tres centros de primaria a Laracha, Paiosaco e Caión e tamén na Escola Infantil A Galiña Azul.
Aparte das tareas de limpeza integral das instalacións e distintos traballos de mantemento, pódense destacar a seguinte actuación:
CEIP RAMÓN OTERO PEDRAYO
-500 m2 de pavimentación con aglomerado en quente no patio exterior
-1400m2 de acondicionamento do perímetro do Novo Aulario de Infantil
-1600m2 de acondicionamento do aparcadoiro exterior
-Acondicionamento de zonas verdes en todo o recinto
-Pintura de varias dependencias do colexio
-Ampliación de aulas para a creación dunha nova Ludoteca
-Instalación de baño adaptado, etc.
CEIP ALFREDO BRAÑAS
-Acondicionamento e sinalización do acceso principal ao centro dende a rúa A Porta Santa.
-Traballo de xardinería nas zonas verdes
-Mellora da cuberta do Pavillón
-Arranxo da pasarela cuberta entre os dous edificios
-Adaptación dun baño
CEIP CAIÓN
-Traballos de mellora e mantemento en todo o recinto exterior e interior (pintura, electricidade, etc.)
ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL
-Traballos de xardinería nas zonas verdes
-Impermeabilización da fachada e da cuberta
-Prolongación do acceso peonil por todo o perímetro do edificio, para facilitar entradas e saídas independentes de todo o alumnado
-Melloras no parque infantil.