A Laracha aprobou a Conta Xeral dun orzamento de 2021 que aumentou nun 56% sobre as previsións iniciais
Setembro e outubro son os meses nos que os Concellos teñen que render contas ante o estado. A Laracha xa fixo os deberes e aprobou a Conta Xeral do 2021 nun pleno extraordinario cos votos a favor do grupo de goberno (PP) e as abstencións dos grupos socialista e nacionalista.
A Conta sinala que o orzamento definitivo do pasado curso, equilibrado en gastos e ingresos, péchase en 12.928.015,99 euros, o que significa un incremento próximo ao 56 % con respecto ás previsións iniciais (8.305.000 euros).
Quedan así e todo un remanente líquido de tesourería para gastos xerais que ascende a 1.885.41,43 euros, parte dos cales xa foron incorporados nos orzamentos do ano en curso como suplementos de crédito e créditos extraordinarios.
A Conta tamén rende o cumprimento cos pagadores, destacando o Concello que se pagaron todas as obrigas, cunha media de espera de 8,54 días.
Contrato de mantemento de zonas verdes
Paralelamente, o concello asinou o novo contrato do servizo de mantemento de zonas verdes. Un contrato de 4 anos coa empresa larachesa de Manuel Amado Souto, por un valor estimado supera os 440.000 euros.
Máis información
- Domingo Guerra: Estado de rendición de contas.