Estado de rendición de contas
Como facemos tradicionalmente neste espazo, preséntanse os datos da rendición de contas dos nosos concellos.
A información clasifícase en conta rendida en prazo (a mellor situación de todas) e onde se sitúan os concellos de Corcubión, Dumbría, Malpica, Mazaricos e Vimianzo; conta rendida en prazo pero con defectos leves (oito concellos); e conta rendida en prazo pero con defectos graves (Ponteceso).
Pola súa parte, a rendición fóra de prazo é significativa e preocupante. Porque non só se incumpre o compromiso de transparencia dos responsables destes concellos, senón de respecto ao establecido legalmente. Así, a distribución catalógase en conta rendida fóra de prazo (Fisterra) e conta rendida fóra de prazo con defectos leves (Coristanco, Muros e Muxía e Santa Comba, recén aprobada in extremis), tal e como se pode observar na táboa.
En termos xerais, podemos afirmar que os nosos concellos cumpriron coa obriga de rendición de contas en prazo. E esta é unha magnífica noticia. Como tamén o é que os Concellos de Corcubión, Dumbría, Malpica, Mazaricos e Vimianzo respectaran o prazo de rendición e non presentaran incidencias na súa análise.
Nunha situación parecida están os oito concellos que remitiron a conta en prazo, pero con defectos leves (Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Laracha, Laxe e Zas). Porque, se cumpre o deber de presentar a documentación antes do 15 de outubro e, aínda que, certamente, a documentación contén erros de coherencia interna entre os diferentes estados contables (que provoca a cualificación como defecto leve), trátase de continxencias que poden ser corrixidas, con facilidade, pola propia entidade local.
O caso de Ponteceso é un pouco diferente, porque si ben se rendeu en prazo, detectáronse defectos de coherencia interna e de tramitación que se consideraron non subsanables e, por iso, a conta ten a consideración de rendida en prazo pero con defectos graves.
Por outro lado, o Concello de Fisterra rendeu a conta xeral fóra de prazo, polo que deberá corrixir esta situación en exercicios futuros; ao igual que os concellos de Coristanco, Muros, Muxía e Santa Comba, porque nestes casos non só se rende fóra de prazo, senón que os estados contables presentaron defectos leves na súa catalogación, polo que deberán ser máis cautelosos e corrixir as anomalías que provocaron debilidades de coherencia na información contable rendida e evitar retrasos, sobre todo, cando son inxustificados.
Porque, en definitiva, e como sabemos, existen determinadas sancións que poden afectar aos responsables (alcaldes e/ou funcionarios) que non rendan contas. Unha delas consiste na aplicación de multas coercitivas, pero outra moi relevante é a de impedir que se poida percibir subvencións, sen prexuízo das responsabilidades penais que puideran corresponder por ese irregular comportamento.
Por iso, non nos cansaremos de retratar nesta columna de opinión, ano tras ano, a situación da rendición de contas dos nosos concellos.
- Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA
- Auditoría pública fronte ao fraude e a corrupción.
- Retribucións da alcaldía.
- Un maná que debemos aproveitar.
- Vacacións: non toca escribir sobre economía municipal/a>.
- Fiscalización operativa. Xa é hora.
- A morte do orzamento.
- Despois de xaneiro.
- Momento para o consenso e transparencia.
- Suspensión de regras fiscais.
- A detección de riscos na prevención da corrupción .
- Navegando na «chalana».
- As previsións do FMI
- Fraxilidade económica
- 2020, unha nova década
- Comezar de cero
- Arqueo e inventario.
- A factura electoral.
- Volver a votar.
- Autonomía fiscal.
- Auditores privados nas intervencións municipais.
- Cartos e máis cartos en bancos sen rendibilidade.
- Debemos tributar máis?.
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».