Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laracha celebra unhas Letras Galegas pensadas para o púlblico infantil

Letras Galegas na Laracha 2021
Laracha celebra unhas Letras Galegas pensadas para o púlblico infantil

O Día das Letras Galegas, dedicado a Xela Arias, celébrase na Laracha pensando no público infantil e familiar.

A iniciativa máis novidosa será o concurso de marcapáxinas no que se convida a participar a todos os nenos de idades comprendidas entre os seis e os doce anos. Hai varias categorías, en cada unha haberá dous premios compostos por lotes de libros ou material didáctico e educativo adaptado aos grupos de idade.

Os espectáculos infantís tamén terán unha ampla presenza no programa municipal das Letras Galegas. O venres 14 de maio será o primeiro no CEIP de Caión a partir das 17:00 horas con Xeliña fala galego, un contacontos a cargo de Caxoto e dirixido a nenos a partir dos seis anos de idade.

O domingo 16 desde as 12:00 horas no baixo da biblioteca municipal da Laracha ofrécese o contacontos para bebés (desde os seis meses e ata os catro anos) Brilla brilla, de Trémola Teatro.

O propio día das Letras Galegas, 17 de maio, a Casa da Cultura acollerá a partir das 18:00 horas a peza teatral Rosalía de Culturactiva e centrada na infancia da poeta. Vai dirixida ao público infantil e familiar.

O programa pecharase o martes 18 pola tarde, desde as 17:30 horas, cun obradoiro de narración oral para nenos de 3 a 12 anos de idade a cargo de Carmen Conde.

 

Outras novas das Letras Galegas

Comentarios