A Laracha entregou os seus premios de Entroido
Fermosa tarde de martes na praza do Concello da Laracha. Numerosos participantes nos certames de disfraces e unha praza ateigada para rir e disfrutar a festa do Entroido.
Os responsables de decidir os premios foron Raúl Toba (Asociación Cultural Santa María de Torás), Eva Ramos (Club Salvamento Acuático Laracha SAL), Sergi Pena (Asociación Cultural Adro de Vilaño), Miguel Varela (Asociación Cultural Fonte da Virxen de Estramil) e Amalia Vieites (profesora de manualidades e pintura do programa municipal de actividades).
O primeiro premio da categoría de comparsas foi para as “As chilindradas de Vilaño”, que cos seus cochitos levan o premio de 600 euros. Por detrás quedou o “Entroido de Venecia”, chegado dende os canais de Vimianzo (500) e o terceiro para “O retorno da alegría”.
Na categoría grupos gañaron As góndolas por A Laracha (250 euros), por diante de Atrapa o boneco (200 euros) e o Tragabolas (150).
Xa nas parellas venceron os pequenos Transformes, por diante de Canto ajuante! e A vida no mar.
En individual adultos venceu o Cura Cabezón, por diante de Parodia dunha triste realidade e Torrente.
E en infantil, Café con aroma de mujer por diante da Garuda e o Coello de pascua.