Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Fermosa tarde de Entroido en Vimianzo

Entroido Vimianzo
Fermosa tarde de Entroido en Vimianzo

Fermosa tarde sabatina para disfrutar o Entroido de Vimianzo. Un deses entroidos nos que a preparación é case tan importante como o día da festa, con disfraces tremendamente traballados por familias e asociacións.

Arrincaba o pasarrúas que percorreu o centro da vila con moita música e moito baile, para unha tarde na que os temas de moda soaron unha e outra vez. A famosa Tania Veiras e César, o cantante da orquestra Cinema, foron os mestres de cerimonia, e os que acabaron amenizando a noite, antes de Rokiño acabasen liándoa.

Entroido Vimianzo EGB
Eu fun a EGB

Xa na Praza, e aínda ao caloriño do sol, comezou o concurso de disfraces coa pequena Nemo. Os disfraces de adulto representan o traballo que hai detrás deste Entroido. “Eu fun a EGB” (un traballado mar de mar de lapises, compases, gomas de borrar… e cartón), e “Terror de Vimianzo” (un tremendo monstro de metal) foron os gañadores do concurso individual de adultos por diante do cura cabezón.
Merecía algo máis Begoña e a súa denuncia social sobre as necesidades das clases baixas.

Entroido Vimianzo Terror
 Terror en Vimianzo
Entroido VImianzo pobreza
A mensaxe realista de Begoña
Entroido Vimianzo Shakira
Do máis simpático da xornada

As primeiras risas arrincáronas os de sempre, que este ano ían disfrazados de Shakira e Piqué facendo o canelo. A traballada “Salsa Vimiañesa” e a carroza da Princesa mereceron tamñen premio.

Entroido Vimianzo-Salsa Viminesa
A rica e traballada Salsa Vimiñesa
Entroido Vimianzo Americanos
Os Nativos Americanos
Entroido Vimianzo Maiores
Os Maiores da residencia non faltan nunca

Comezaba a sesión de Grupos e foron os maiores da residencia os que sacaron os sorrisos. Nunca fallan os nosos maiores!
Gran preparación para os Grupos, case comparsas, dos Nativos Americanos e A Alma do Entroido, así como as de Mocatriz. As que repatiron alegrías, concretamente 5 millóns de euros por toda a Costa da Morte, foron as das Tertulias, que trouxeron a lotaría das risas comandada por unha Pintiña espectacular.
Fermosa a mensaxe que mandou a familia do Arco da Vella, demostrando que sol e nubes non compiten, coviven en armonía.

As Tertulias no Entroido de Vimianzo
As Tertulias no Entroido de Vimianzo

Quedaba tempo para o esperado Concurso de Comparsas. Gañaron “As voltas ao mundo” da traballada Trubisquiña. Diversos disfraces e unha historia armada sobre as voltas de Willie Fog que nos fixeron percorrer o mundo. As camariñás do Cansorriño levaron o segundo premio co seu Reloxo da Vida, cunha mensaxe que recordou como se nos parou o tempo canda a pandemia.
Espectacular tamén as gañadoras do terceiro premio, O Carnaval Veneciano, cunha despregadura de fermosos disfraces e de posta en escea tremendamente bonita.

As voltas ao Mundo no Entroido de Vimianzo
As voltas ao Mundo no Entroido de Vimianzo

A festa puxérono a charanga de Juan Gimel, Javi Souto, Pichi e compañía. Mereceron o premio da simpatía, pedindo o voto coa ameaza dos 400 votos que representan os membros da comparsas e toda a súa contorna. Exemplo da diversión que ten que ser o Entroido.

Entroido Vimianzo 1
A festa puxérona elas

Máis novas de entroido

Comentarios