Venres. 26.04.2024
El tiempo

Malpica abriu o seu entroido cun gran desfile

Entroido Malpica-2023-Foto-Manu San Martín 6
Foto-Manu San Martín
Malpica abriu o seu entroido cun gran desfile

Á espera da gran cita da Mikaela, a meirande festa da mocidade de todo Bergasntiños, Malpica abriu o seu completo programa de Entroido. Fíxoo cun completo desfile, con ducias de familias que disfrutaron do pasarrúas da Charanga NBA, e das piñatas para a cativada.

Os flamenquiños gañaron o 1º premio (200€), por diante da Cuchipandi e da Parella de Unicornios.

Os peques recibiron un agasallo por participar e o grupo gañador infantil “Somos Pescas e Chonis”.

Ademais, o 1° premio 100€ foi para “Faro Nariga” da AC Malante; e o 2° para “Velúa” do Club Patín Velúa.

Malpica xa se prepara para hoxe luns 20 de febreiro, coa festa infantil con inchables dene as 17.00 ás 20.00 horas no pavillón polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero coa colaboración da ANPA Xaviña do centro escolar.
O martes toca festa no pavillón de Malpica e xa tocará esperar ao sábado da Mikaela. O domingo de Piñata será o máis tradicional cos enterros do Faustino e o Farruco, e o desfile dos Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda.

Entroido Malpica-2023-Foto-Manu San Martín 3
Foto-Manu San Martín
Entroido Malpica-2023-Foto-Manu San Martín
Foto-Manu San Martín
Entroido Malpica-2023-Foto-Manu San Martín 1
Foto-Manu San Martín
Entroido Malpica-2023-Foto-Manu San Martín4
Foto-Manu San Martín
Entroido Malpica-2023-Foto-Manu San Martín 5
Foto-Manu San Martín

 

Axenda

MÁIS NOVAS DE ENTROIDO

Comentarios