Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laracha retoma o irmandamento coa vila francesa de Les Sables d’Olonne

Laracha-Encontro comité irmandamento Les sables d'Olonne
Laracha retoma o irmandamento coa vila francesa de Les Sables d’Olonne

Nova visita internacional recibiu esta semana A Laracha. Trala fusión nunha única entidade dos municipios de Olonne-sur-Mer, Sables d’Olonne e Château-d'Olonne (unha realidade que aínda podería ter recorrido no noso país), o Concello larachés retomou o proceso de irmandamento, agora coa fusionada Olonne-sur-Mer, concello agora de 45.000 persoas.

Unha delegación formada por oito persoas e liderada pola súa presidenta, Martine Girardeau, e a concelleira de irmandamentos, Corine Gino, visitou esta fin de semana a comarca para continuar co irmandamento asinado no verán de 2010.

No encontro celebrado ao longo dos dous últimos días iniciouse a coordinación das actividades e a tipoloxía dos actos que se acordou comezar a desenvolver durante o próximo verán. Centraranse prioritariamente en propostas para a mocidade -principalmente, para o alumnado dos institutos de ambas localidades- asociacións e clubs deportivos.

Non faltaron a ruta polas visitas turísticas, dende capital municipal, pasando por Paiosaco, Caión, o mosteiro de Soandres, a área recreativa de Gabenlle e o parque empresarial.

A idea é retomar a actividade conxunta paso a paso.

Comentarios