Domingo. 23.02.2020
El tiempo

Laracha sumérxese na realidade dun centro de refuxiados de Lituania

A expedición larachesa en Kaunas
A expedición larachesa en Kaunas
Laracha sumérxese na realidade dun centro de refuxiados de Lituania

Xa está de volta a expedición larachesa da súa participación na segunda concentración do proxecto europeo Strengthening a Europe of solidarity in times of migration (Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración). De Kaunas, Lituania, volven xa o alcalde, José Manuel López Varela, e os edís Ramiro Bello e Cristina Vieites, despois de varios días de actividades arredor dos problemas da migración en Europa.

Moi intensa foi a visita realizada o último día desta viaxe polos representantes dos 20 socios (de 19 países) do proxecto: o centro de refuxiados de Rukla. Alí mantiveron un encontro co seu director, Robertas Mikulenas, coñeceron a realidade dos refuxiados, escoitaron testimonios de residentes e asistiron a unha mesa redonda con emigrantes, expertos e técnicos.

Un xeito inmellorable de coñecer a realidade para poder aportar posibles solucións a un problema histórico.

Novas relacionadas

comentarios