Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Laracha únese ao programa de formación continuada da Aula Mentor

Laracha únese ao programa de formación continuada da Aula Mentor

O Concello de Laracha súmase ao proxecto do Ministerio de Educación y Formación Profesional da Aula Mentor. Un programa que ofrece formación en liña non regulada para adultos co propósito de que poidan ampliar as súas competencias persoais e profesionais.

Este “programa de formación en liña non regulada, flexible e con titorización”, permitiralle ao Concello a creación dun un espazo que contará co equipamento necesario (mobiliario, ordenadores, etc.) para que as persoas que o desexen poidan acudir a el para realizar os cursos formativos dispoñibles.

Así, persoas maiores de 18 anos, especialmente ás que abandonaron o sistema educativo sen ningunha titulación. Dispón dun extenso catálogo de cursos cos que os beneficiarios poden ampliar as súas competencias persoais e profesionais.

Ata o de agora, na comarca funcionan as aulas de Carballo e Santa Comba.

Novas relacionadas

Comentarios