Sábado. 06.06.2020
El tiempo

En marcha os traballos de poda das árbores do recinto feiral de Paiosaco

Poda árbores no campo da feira de Paiosaco.
Poda árbores no campo da feira de Paiosaco.
En marcha os traballos de poda das árbores do recinto feiral de Paiosaco

A empresa concesionaria do servizo de mantemento de zonas verdes Jardincelas iniciou, a instancias do Concello da Laracha, os traballos de poda das árbores situadas no campo da feira de Paiosaco, incluíndo a retirada e transporte das polas para a súa posterior eliminación.

Unha vez estean completados os traballos en Paiosaco, estes mesmos labores realizaranse en varios puntos da capital municipal como as prazas do Concello, Maximino Canedo e Silverio Moreda (a que alberga a igrexa parroquial), ademais de actuar nas árbores situadas na beirarrúa da Avenida Fisterra na entrada á Laracha desde Paiosaco. Tamén será obxecto desta campaña a área recreativa de Gabenlle e outras zonas do municipio, tanto nos núcleos urbanos como nas parroquias rurais, nas que se considere oportuno a realización das actuacións.

Deste xeito, ademais de comprobar que as árbores se atopan en bo estado, mellórase a estética nos puntos de actuación e, especialmente nas zonas urbanas, protexerase aos vehículos e aos viandantes de posibles desprendementos das polas. No caso do campo da feira de Paiosaco tamén se facilita o desenvolvemento da actividade comercial que alí se leva a cabo no primeiro e no terceiro domingo de cada mes.

comentarios