Melloras nun camiño do Cancelo

08:59 30/06/21
Segue en marcha o proxecto desenvolvemento do plan de mellora, conservación e mantemento en boas condicións das vías de titularidade municipal do Concello da Laracha, que suman máis de 600 km.. Desta volta está acometendo unha actuación no lugar de O Cancelo (parroquia de Cabovilaño), nas inmediacións do parque empresarial.
A obra, financiada integramente con fondos propios municipais, estase a executar sobre un camiño de acceso a vivendas e inclúe a limpeza integral, o afirmado e a mellora na drenaxe que evitará a acumulación de augas pluviais.